ZaragozaRoller é o nome de pila da Asociación de Patinaxe Recreativa de Aragón, formada por un grupo de persoas familiarizadas co mundo da patinaxe e con ampla experiencia noutras asociación e grupos semellantes.

 

 En abril de 2009 nace un pequeno foro de internet sen máis pretensión que a de ter un punto de reunión virtual e poder quedar pra gozar no noso tempo de lecer de algo que nos encanta: patinar.

Pouco a pouco o grupo creceu e o foro quedóusenos pequeno e chegou a gran pregunta:

¿Por qué non asociarnos? ¿Por qué non aproveita-la nosa experiencia e ilusión?

O máis doado seguramente fora contestar: non, grazas, e seguir co noso pequeno foro, quedando a patinar sen máis complicacións… pero esa non foi a resposta. O noso desexo foi compartilo cos demáis.

 

Así que, partindo do concepto da patinaxe coma unha forma de lecer, decidimos funda-la Asociación de Patinaxe Recreativa de Aragón, cos seguintes obxectivos:

  • Promove-la realización de actividades que fomenten a patinaxe recreativa.
  • Promove-la patinaxe coma medio de transporte alternativo e mellora-la calidade de vida, tanto física coma psíquica.
  • Promove-las relacións persoais e multiculturais de tódolos afeccionados á práctica da patinaxe.
  • Outras actividades que amosen ser beneficiosas pra a patinaxe recreativa.

As nosas actividades son abertas, dirixidas a tódolos maiores de idade, desenvolvéndose sempre dentro dun marco legal e principalmente son as seguintes:

  • A Easy Easy Roller: (A Isi pra os amigos). Coma seu nome indica, unha ruta doada doada pra iniciarse despois dalgún curso. Os venres dende a Praza Aragón ás 20.30 h. O noso paseo en patíns do venres, para remata-la semana ou comeza-la fin de semana, como prefiras. Dende a Praza da Lonxa, xunto ó Concello (Paseo Echegaray Caballero)
  • A X Roller: Tódolos mércores pola tarde ás 20.15 h. Dende a Praza Aragón.
  • A Sunday Roller: A ruta de longo percorrido dos domingos pola mañá, non apta pra iniciados.
  • Visitas a outras cidades onde se realizan eventos da patinaxe ou simplemente pra devolve-las visitas que nos fan outros patinadores.
  • Mira o noso calendario do foro!

 

¡Esperámoste!

A Xunta Directiva
ZaragozaRoller
Asociación de Patinaxe Recreativa de Aragón
www.zaragozaroller.com